Naceu en 1580 en Volinia de pais pertencentes á nobreza rusa, e á igrexa ortodoxa; Juan formouse en Vilna (a actual Lituania) nun periodo caracterizado polo intenso combate entre a Igrexa ortodoxa tradicional e a Igrexa Greco-Católica Bielorrusa de rito grego, os cales, no Concilio de Florencia (1451 - 1452), entraron en comuñón coa Igrexa Católica recoñecendo ao Papa cun rol de superioridade sobre os outros bispos.
Juan, decidindo adherirse ao credo da Igrexa Greco-Católica Bielorrusa no 1604 fíxose monxe co nome de Josafat e entrou ao monasterio, da orde de San Basilio, da Santa Trinidad, situado en Vilna, onde, no 1617, iniciou a reforma que levou ao nacemento da Orde Basiliana de San Josafat.
Converteuse en sacerdote no 1609; malia que, dicían os seus contemporaneos, tiña un caracter reservado, entregouse á predicación conseguindo así un gran logro: no 1617 foi feito o primeiro Archimandrita do seu monasterio e pouco tempo despois, foi nomeado bispo de Polatsk, situado na actual Bielorrusia.
Iniciou na diocesis unha serie de reformas para afirmar o credo da Igrexa Greco-Católica: restaurou completamente a catedral, compuxo un catecismo para o pobo e realizou innumerables visitas pastorales. Nunha destas, mentres se atopaba en Vítebsk, foi rodeado dun grupo de ortodoxos tradicionalistas, quen o golpearon ata deixalo sen sentido e arroxárono nun torrente de auga onde se afogou. Foi canonizado pola Igrexa Católica no 1867 e a súa memoria celébrase o 12 novembro, día do seu martirio.
Arquivo GS PL
Relíquias.
Nenhum comentário:
Postar um comentário